Unha noite en xaneiro
a grande lúa prateada,
alumeaba no xardín
a dous noivos que falaban.
A probe da rapariga,
tan embobalicada estaba
que lle di él,¡este e o sol!
e hastra coido lle queimaba.
Pro cando abriu os ollos
a probe nena ¡choraba!
pois facia moito frio
¡i era tan noite pechada!